Leo Hendrik Baekeland, nado en Gante o 14 de novembro de 1863 e finado en Nova York o 23 de febreiro de 1944, foi un químico norteamericano de orixe belga.
Traxectoria
Inventou o papel fotográfico Velox (1893) e a baquelita (1907), unha resina sintética, quimicamente estable e resistente á calor, que foi o primeiro produto plástico.
Logo de estudar na Universidade de Gante, emigrou aos Estados Unidos en 1889, onde vendeu a súa patente do papel velox a George Eastman, presidente de Kodak, por 750.000 dólares. O invento da baquelita considérase o comezo da idade do plástico, e converteu a Baekeland en multimillonario.