Leia Organa

Leia Organa.

A Princesa Leia Organa é unha personaxe de ficción da saga Star Wars interpretada pola actriz Carrie Fisher na triloxía orixinal dos 80, na triloxía de precuelas e na primeira triloxía logo da compra de LucasFilm por parte de Disney.

Nada como Leia Skywalker e chamada despois Leia Organa é filla da senadora Padmé Amidala e do Cabaleiro Jedi Anakin Skywalker, é irmá xemelga de Luke Skywalker e esposa de Han Solo. Foi adoptada polo senador Bail Prestor Organa e a súa esposa Breha despois do falecemento da súa nai no parto e a transformación do seu pai en Darth Vader.

Casting

Leia foi creada por George Lucas, creador da Guerra das Galaxias.

Carrie Fisher abril de 1978.

Fisher tiña 19 anos cando foi escollida para interpretar á princesa Leia,[1] por diante doutras actrices que tamén prepararan o papel como Amy Irving, Cindy Williams e Jodie Foster.[2]

Notas

  1. "Star Wars original cast looked 'a little melted' for Episode VII – Carrie Fisher". The Guardian (en inglés) (Guardian Media Group). 25 de maio de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2019. 
  2. "The Star Wars Screen Tests: Meeting Han, Leia and Luke" (en inglés). BBC. 29 de abril de 2014. Consultado o 8 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas