Lee Buck Trevino, nado en Dallas, Texas, o 1 de decembro de 1939, é un ex golfista estadounidense, considerado un dos mellores xogadores da historia dese deporte.[1][2][3][4] Foi incluído no World Golf Hall of Fame en 1981.
Trevino gañou seis campionatos e 29 torneos do PGA Tour durante a súa carreira. É un dos só catro xogadores que gañaron o U.S. Open, The Open Championship e o PGA Championship. O Masters foi o único campionato importante que non logrou.
É unha icona dos mexicanos estadounidenses, e adoita ser alcumado "The Merry Mex" e "Supermex", nomes que lle deron outros golfistas.[5]
Vitorias en campionatos
1 Venceu a Jack Nicklaus nun playoff a dezaoito buratos: Trevino 68 (−2), Nicklaus 71 (+1).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Hoobler, Dorothy e Thomas (1995). The Mexican American Family Album. New York: Oxford University Press. ASIN B004HOS1EC.
Ligazóns externas