Naceu como Lena Krassner en Brooklyn en 1908.[1] Os seus pais, de orixe ucraína, decidiron fuxir debido ao proceso antisemita que se deu neste período na súa zona de orixe.[2] Foi a cuarta de cinco fillos, incluída unha irmá, Ruth, e a primeira que naceu nos Estados Unidos.[3]
Orientou axiña a súa vida cara á arte.[3] Ao rematar os seus estudos primarios ingresou na Women’s Art School. En 1928, ao rematar a súa formación básica na arte, ingresou na National Academy of Design onde comezou a estudar os mestres antigos.[4] A forza que colleu o postimpresionismo e a apertura do Museo de Arte Moderna, inxectaron este novo modelo de pintura en Krasner, que orientou os seus novos estudos cara á pintura moderna.[5] Entón coñeceu a Hans Hofmann, que lle permitiu afondar máis nos novos estilos modernos, como o cubismo. Durante a Gran Depresión, ingresou no Federal Art Project, creado para dar emprego aos artistas neste período. Dedicada á pintura de murais xunto con outros artistas, viuse na situación de ter traballo mais non pintar o que realmente lle gusta. Tras este período ingresou na American Abstracts Artists,[6] volvendo ao estilo pictórico que máis lle atraía.[4]
A pesar de ser unha artista do impresionismo abstracto, a súa obra contén diversas variacións, motivadas polo seu estilo crítico e a negativa a centrarse nun estilo único. Estas variacións axudaron a crear un estilo propio e a diferenciala de artistas da súa época, entoa unha simboloxía propia que define a través da súa propia vida persoal. En 1942, comezou a seguir o traballo de Jackson Pollock, máis afín á súa natureza crítica, e rexeitou o cubismo que aprendera de Hofmann. Produciuse entón un choque entre o que realmente buscaba na pintura, levánoda a un investimento de tempo considerable nas súas obras e a posterior destrución da maioría.[7] Aínda que absorbeu a influencia da pintura de Pollock, Krasner non esqueceu a súa admiración pintores como Matisse ou Mondrian, incluíndo elementos de ambos nas súas composicións. A serie "Little Image", reproduce esta admiración.
Tralo seu matrimonio con Pollock, perdeu parte do seu traballo ao minimizar a súa produción.[8] Neses anos retomou un estilo moito máis sensual e centrado sobre todo na vida e a morte. Porén, á morte do seu home, retomou a arte con máis forza e creou as series "Earth Green" e "Umber".[7]
Tras recuperarse dun grave problema de saúde, na década de 1970 cambiou radicalmente o seu estilo, optando por unha pintura plana e case xeométrica cunhas coras moito máis puras. Tras exposicións individuais, conseguiu liberarse do alcume de "muller de Jackson Pollock" e logrou facerse un oco entre as persoas máis influentes da arte moderna nos Estados Unidos.[9]
Series
"Earth Green". Foi a serie que creou trala morte do seu home. Nela obsérvase un forte impresionismo abstracto, con imaxes extravagantes, salpicadas e arrodeadas de nacemento, destrución e rexeneración. Presentaba unha paleta de cores naturais de verdes, vermellos, brancos e castaños.[2]
"Night Journeys". Coincidiu cos períodos de insomnio que padeceu Krasner. Contiña imaxes máis escuras e meditadas. Este período concluíu debido a un aneurisma cerebral que sufriu a pintora.[2]
Krasner promoveu a arte de Jackson Pollock a través dos seus amigos e contactos. As diferenzas xurdidas no concepto de "natureza" entre os distintos artistas que se reuniron, deron orixe ao abandono da cor negra por parte de Krasner, e a optar por distintos tons de grises. A pesar das críticas que recibía o seu marido, propuxo novas maneiras de promocionar a súa arte. Harold Rosenberg, que cuñou a expresión action painting, foi un forte opositor da pintura de Pollock, definíndoo como carente do concepto de natureza. Greenberg foi rival de Rosenberg, polo que Krasner decidiu presentarlle o seu home, o que deu lugar a un artigo moi favorecedor para Pollock.
A morte de Pollock orientou a pintura de Krasner, a un carácter máis audaz e positivo.[2]
↑"Lee KRASNER - Untitled, 1953". ABSTRACT EXPRESSIONISM - 14 July 2012 - 3 March 2013, International & Orde Poynton Galleries - National Library of Australia. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 7 de abril de 2015.