Lech KaczyńskiLech Aleksander Kaczyński, nado en Varsovia o 18 de xuño de 1949 e finado en Smolensk (Rusia) o 10 de abril de 2010,[1] foi un político polaco. Exerceu o cargo de presidente de Polonia dende 2005 até o seu falecemento nun accidente de aviación en 2010. Liderou, xunto ao seu irmán xemelgo Jarosław, o partido político conservador Lei e Xustiza (en polaco Prawo i Sprawiedliwość ou PiS). Entre novembro de 2002 e decembro de 2005 foi presidente da capital do país, Varsovia (un cargo equivalente ao de alcalde). Lech presentouse candidato a presidente da nación nas eleccións de 2005. Na convocatoria do 9 de outubro de 2005 ficou segundo, por detrás de Donald Tusk, pero conseguiu superarlle na segunda volta que se decidiu na xornada electoral do 23 de outubro. FamiliaLech, e o seu irmán xemelgo Jarosław, eran fillos de Rajmund Kaczyński, enxeñeiro que combateu na segunda guerra mundial, tomando parte no levantamento de Varsovia contra a ocupación alemá en 1944. Ambos os dous irmáns protagonizaron en 1962, á idade de trece anos, na película de aventuras O dwóch takich, co ukradli księżyc ("Sobre dous que roubaron a lúa").[2] Falecemento
Durante un voo de Varsovia a Smolensk, o avión en que Kaczyński e maila súa delegación viaxaban estrelouse. Este dirixíase a unha homenaxe en memoria das vítimas do masacre de Katyń. A néboa acompañara o avión dende a súa saída de Varsovia e durante o voo. Na investigación que seguiu ao accidente apuntouse como causas do accidente a negativa do piloto a mudar o rumbo cara a Minsk ou Moscova, as condicións meteorolóxicas adversas e os erros nas manobras de aterraxe no aeroporto de Smolensk (Rusia). Como resultado da apertura dunha nova investigación sobre o accidente en 2015, concluíuse que o avión se incendiara no ar debido a unha primeira explosión na á esquerda do Tupolev 154, seguida dunha segunda explosión no casco do aparato.[3][4][5] No accidente morreron Kaczynski, a súa dona Maria Helena Kaczyńska Mackiewicz, e todas as persoas que viaxaban no mesmo avión.[3] Segundo o gobernador de Smolensk e a axencia PAP de Polonia (que cita fontes rusas), non houbo sobreviventes.[6] [7][8] En novembro de 2016 comezaron as labores de exhumación dos restos de 83 vítimas, entre eles os de Lech Kaczyński e a súa muller, a pesar da oposición das familias de dúas das vítimas, razón pola que Polonia foi condenada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos[9][10]. Logo das análises os corpos foron soterrados o 18 de novembro de 2018 na catedral Wawel, en Cracovia .[11] Notas
Véxase tamén
Data gl/Lech Kaczy%C5%84ski Tidak ditemukan |