Aleksander KwaśniewskiAleksander Kwaśniewski, nado o 15 de novembro de 1954 en Białogard, foi o presidente de Polonia dende o 23 de decembro de 1995 ata o ano 2005 pertencendo á Alianza da Esquerda Democrática. Foi activista do Sindicato Socialista de Estudantes Polacos, en polaco, Socjalistyczny Związek Studentów Polskich, SZSP, organización ligada ao réxime comunista, e logo ministro de deportes no goberno comunista na década dos 80. Sucedeu a Lech Wałęsa como presidente tras gañar as eleccións en 1995 e foi reescolleito para un segundo e último mandato no 2000 (obtendo a maioría dos votos xa na primeira volta). Tamén foi antigo dirixente e un dos fundadores do Partido Socialdemócrata da República de Polonia (Socjaldemokracja Rzeczypospolitej Polskiej), sucesor do Sindicato de Traballadores Polacos, e posteriormente da Alianza da Esquerda Democrática (Sojusz Lewicy Demokratycznej). Tras a formación da coalición política Esquerda e Demócratas foi elixido como o seu presidente. Véxase taménLigazóns externas
Information related to Aleksander Kwaśniewski |