Lebrija é un concello colombiano, situado no departamento de Santander. O nome procede do apelido do conquistador español Antonio de Lebrija. Neste concello está o aeroporto de Palonegro. Ten unha superficie de 549,85 km²[1] e unha poboación de 38 560 (2015).[2]
A distancia a Bucaramanga, a capital do departamento, é de 17 Km. Está dividida en catro correxementos: Conchal, Vanegas, Uribe Uribe e Portugal.
No outeiro de Palonegro do 11 ao 25 de maio do ano 1900 librouse unha das batallas da guerra dos Mil Días.