Cepitá é un concello colombiano, situado no departamento de Santander. Cobre unha extensión de 139 km² e en 2006 tiña 1.984 habitantes[1]. O nome provén do cacique chibcha Cepetá, que loitou contra os españois opoñendo forte resistencia. A distancia a Bucaramanga, a capital do departamento, é 64 km.