Jordán é un concello colombiano, situado da provincia de Guanentá, no departamento de Santander. Foi fundado en 1830 e coñeceu diversos nomes, como Jordán Sube ou Cholo.
A distancia a Bucaramanga, a capital do departamento, é 80 km. Ten unha extensión de 33 km²[1] e 1 089 habitantes en 2018.[2]
Está situado nas ribeiras do río Chicamocha, e durante moito tempo a súa ponte colgante foi o único xeito de cruzar o río. O seu canón e as paisaxes que produce son un dos atractivos do concello.
Notas
↑"Nuestro municipio". Alcaldía do concello. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2015. Consultado o 1 de maio de 2015.