Le Déclin de l'empire américain é un filme canadense de 1986 dirixido por Denys Arcand e protagonizado por Rémy Girard, Pierre Curzi e Dorothée Berryman. O filme conta a historia dun grupo de amigos intelectuais do departamento de historia da Universidade de Montreal que comezan un longo diálogo sobre os seus asuntos sexuais, tocando temas como o adulterio, a homosexualidade, sexo de grupo, BDSM e prostitución.
O filme foi un éxito de recadación no Canadá e internacionalmente e recibiu valoracións postivas por parte da crítica. Gañou o Premio FIPRESCI no Festival Internacional de Cinema de Cannes, nove premios Genie, incluíndo mellor filme, e foi o primeiro filme canadense en ser nomeado para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, na 59ª edición dos premios. Foi seguido por dúas secuelas, Les Invasions barbares en 2003 e L'Âge des ténèbres en 2007.
Sinopse
Nunha entrevista para CBC Radio, o profesor de historia da Universidade de Montreal Dominique St. Arnaud fala a Diane do seu novo libro, en que afirma que a fixación da sociedade moderna na autoindulxencia é indicativa do seu declive, predicindo un colapso no "Imperio Americano", do que Quebec é periférico. Varios das amizades de Dominique e Diane, a maioría profesores de historia intelectuais na universidade, prepáranse para unha cea ese mesmo día, cos homes traballando na cociña mentres as mulleres adestran no ximnasio.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Dancyger, Ken (2006). The Director's Idea: The Path to Great Directing. Amsterdam and Boston: Focal Press. ISBN 0240806816.
- Harcourt, Peter (2006). "Le Déclin de l'empire américain The Decline of the American Empire". En White, Jerry. The Cinema of Canada. Wallflower Press. ISBN 1904764606.
- Loiselle, André (2008). Denys Arcand's Le Déclin de L'empire Américain and Les Invasions Barbares. Toronto, Buffalo and London: University of Toronto Press. ISBN 0802099335.
- Marshall, Bill (2001). Quebec National Cinema. Montreal and Kingston: McGill-Queen's University Press. ISBN 077352116X.
- Melnyk, George (2004). One Hundred Years of Canadian Cinema. Toronto, Buffalo and London: University of Toronto Press. ISBN 0802084443.
- Pike, David Lawrence (2012). Canadian Cinema Since the 1980s: At the Heart of the World. Toronto, Buffalo and London: University of Toronto Press. ISBN 1442698322.
- Spaas, Lieve (2000). Francophone Film: A Struggle for Identity. Manchester and New York: Manchester University Press. ISBN 0719058619.
- Thompson, Wayne C. (2014). Canada 2014 (30 ed.). Rowman and Littlefield. ISBN 147581240X.
Ligazóns externas