É unha especie sedentaria nas zonas máis temperadas, pero as poboacións que habitan no norte e leste da súa área de distribución emigran a África e ao sur de Asia.
Caracteísticas
Ao chegaren á madurez alcanzan entre 15 e 16 cm, cunha cola longa característica do seu xénero, aínda que é a lavandera europea coa cola máis curta. O macho adulto normalmente ten unha plumaxe de cor olivácea que se volve amarela no ventre e a parte inferior do corpo. Existen algunhas variedades cromáticas nas que a cor amarela se difumina en branca. A cabeza dos machos presenta deseños de cores variadas en función da subespecie.
A chamada é un chío característico e agudo, que soa "yit".[7]
É unha ave insectívora, que prefire os claros próximos á auga, como os prados húmidos. Fai o niño en arbustos, depositando de 4 a 8 ovos de pintas.
Similar á subespecie flava, pero coa gorxa branca e gris escura, e plumaxe case negra arredor dos ollos.
Habita no sueste de Francia, a Península Ibérica e chega ata o norte de África, desde Marrocos a Tunisia. Pasa o inverno na África subsahariana, desde Gambia a Camerún.
Similar á subespecie thunbergi pero con cabeza negra nos machos, as femias teñen unha plumaxe máis apagada, cun ton amarelado xaspeado no ventre e a gorxa branca.
Similar á Motacilla flava flava pero a cabeza é de cor gris clara, con branco arredor dos oídos; os dous sexos son moi similares.
Habita ao norte da Motacilla lutea, chegando ao leste ata a zona de Ladakh. Pasa o inverno no subcontinente indio, tamén en África Oriental e no sur de Arabia.
Os machos son similares aos de Motacilla flava flava, pero coa cabeza dun gris claro moi pálido, case branco. As femias son como as femias de Motacilla flava flava, pero a cabeza é máis escura.
Habita no noroeste de Mongolia e nos territorios próximos da China e Rusia. Pasa o inverno na India.
Filoxenia
A filoxenia desta especie é extremadamente confusa. En diferentes momentos foron describíndose ducias de subespecies e actualmente só se consideran válidas 10 delas. Anteriormente considerábase conespecífica coa lavandeira de Chukotka (Motacilla tschutschensis).
↑Wiles, Gary J.; Worthington, David J.; Beck, Robert E. Jr.; Pratt, H. Douglas; Aguon, Celestino F. & Pyle, Robert L. (2000): Noteworthy Bird Records for Micronesia, with a Summary of Raptor Sightings in the Mariana Islands, 1988-1999. Micronesica32(2): 257-284. PDF fulltext
Tyler, Stephanie J. (2004): 60. Yellow Wagtail. In:del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew & Christie, D. (eds.): Handbook of Birds of the World (Vol. 9: Cotingas to Pipits and Wagtails): 781-782, plate 77. Lynx Edicions, Barcelona. ISBN 978-84-87334-69-6. (all birds except the 4 grey/black-backed ones at lower left are M. flava)
VanderWerf, Eric A.; Wiles, Gary J.; Marshall, Ann P. & Knecht, Melia (2006): Observations of migrants and other birds in Palau, April-May 2005, including the first Micronesian record of a Richard's Pipit. Micronesica39(1): 11-29. PDF fulltext
Voelker, Gary (2002): Systematics and historical biogeography of wagtails: Dispersal versus vicariance revisited. Condor104(4): 725–739. [English with Spanish abstract] DOI: 10.1650/0010-5422(2002)104[0725:SAHBOW]2.0.CO;2 HTML abstract