As lamiáceas (familia Lamiaceae) tamén chamadas de labiadas[1] en xeral, toma o nome do xénero Lamium igual que aborde á que pertence: Lamiales. Contén uns 210 xéneros e unhas 3.500 especies. O seu nome foi substituído pot Lamiaceae debido ao xénero tipo da familia: Lamium. Entre os seus representantes salientan plantas aromáticas coma a menta, a sarxa, a seixebra, o cantroxo, o ourego, o tomiño, a alfábega ou o romeu.
Características
Adoitan ser plantas aromáticas e ricas en aceites esenciais. A maioría son arbustos e raramente árbores ou lianas. O nome antigo desta familia (Labiadas) era debido á forma da flor (xeralmente violada), 5 pétalos fusionados que forman un labio superior, xeralmente bilobulado e máis curto, e un labio inferior, trilobulado, os 5 sépalos tamén están unidos. As flores son bisexuadas e xorden en grupos terminais de 5 o 6 floriñas cada un. Tipicamente os talos son cuadrangulares con follas aovadas, opostas e decusadas.
Subfamilias
A familia das Lamiáceas está formada por 10 subfamilias: