A especie foi descrita orixinariamente en 1848 polo naturalistaestadounidenseTitian Ramsay Peale, na súa obra United States Exploring Expedition during the years 1838, 1839, 1840, 1841, 1842. VIII. Mammalia and ornithology. (Cetacea: 32-36), que a denominou como Phocaena australis, que é o basónimo da especie.[2]
Sinónimos
Posteriormente foi coñecido por outros sinónimos:[2]
A pesar de que tradicionalmente a especie se coloca no xénero Lagenorhynchus, as últimas análises de ADN indican que está bastante relacionado coas especies do xénero Cephalorhynchus.
En efecto, aínda que antigamente o xénero estaba considerado como monofilético, na actualidade estudos e análises xenéticas do citocromo bmitocondrial indican que as especies de Lagenorhynchus non constitúen un grupo natural, senón que é parafilético.
May-Collado e Agnarsson (2006) consideran a Lagenorhynchus cruciger e L. australis como situados filoxeneticamente entre as especies de Cephalorhynchus e suxiren que estas dúas especies deben transferirse a dito xénero. Algúns datos morfolóxicos e acústicos apoian este arranxo. Ambas as especies comparten coas de Cephalorhynchus un tipo distinto de sinal de ecolocalización coñecido como sinal de banda estreita, de alta frecuencia.[3][4]
Presumibelmente isto é tamén o caso de L. cruciger. Por outra parte, L. australis tamén comparte con outras varias especies de Cephalorhynchus o ter dunha cor branca distinto a "axila" marcada detrás da aleta pectoral.
Pero, aínda que iso sexa certo, non significaría que L. australis debería transferirse a Cephalorhynchus, senón integrala nun novo xénero propio.
Adoito encóntranse en zonas de rápido movemento das augas, tales como entradas aos canais e estreitos, así como cerca da costa en zonas seguras, tales como baías e estuarios amplos.
A poboación total é descoñecida, pero pénsase que é común a nivel local.[1]
Notas
↑ 1,01,1Hammond, P. S., Bearzi, G., Bjørge, A., Forney, K., Karczmarski, L., Kasuya, T., Perrin, W. F., Scott, M. D., Wang, J. Y., Wells, R. S. & Wilson, B. (2008): Lagenorhynchus australis na Lista Vermella de especieas ameazadas da IUCN. Consultada o 16 de agosto de 2014.
↑May-Collado, Laura & Agnarsson, Ingi (2006): "Cytochrome b and Bayesian inference of whale phylogeny". Molecular Phylogenetics and Evolution, 38: 344–354. Ler en PDF.
↑Kyhn, L. A.; Jensen, F. H.; Beedholm, F. H.; Tougaard, J.; Hansen, M. & Madsen, P. T. (2010): "Echolocation in sympatric Peale's dolphins (Lagenorhynchus australis) and Commerson's dolphins (Cephalorhynchus commersonii) producing narrow-band high-frequency clicks". Journal of Experimental Biology, 213 (11). Resume.
↑Shirihai, H. & Jarrett, B. (2006). Whales, Dolphins and Other Marine Mammals of the World. Princeton Field Guides. pp. 205–207. ISBN9780691127569..
↑LeDuc, R. G.; Perrin, W. F. e Dizon, A. E. (1999): "Phylogenetic relationships among the delphinid cetaceans based on full cytochrome b sequences", en Marine Mammal Science15: 619–648. Resumo
Carwardine, M. (1995): Ballenas, delfines y marsopas. Guía visual de todos los cetáceos del mundo. Barcelona: Omega. ISBN 84-282-1037-3.
Duguy, R. e Robineau, D. (1987): Guía de los mamíferos marinos de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-0811-5.
Perrin, William F., Bernd Würsig & J. G. M. Thewissen (eds.) (2002): Encyclopedia of Marine Mammals. 2ª ed. San Diego: Academic Press. ISBN 978-0-12-373553-9