A peza, nomeada así polo poema homónimo de Leconte de Lisle, é coñecida bola súa simplicidade, unha diverxencia respecto do estilo de Debussy nesa época. Finalizada en xaneiro de 1910, foi publicada tres meses despois e estreada en xuño dese ano. O preludio é unha das pezas máis gravadas, tanto na súa versión orixinal como en varios arranxos posteriores.
Antecedentes e influencia
O título, La fille aux cheveux de lin, foi inspirado polo poema do mesmo nome de Leconte de Lisle, unha das súas Chansons écossaises (Cancións escocesas) da súa colección Poèmes antiques (Poemas antigos) de 1852.[1][2] A imaxe dunha rapaza co pelo da cor do liño ten sido empregada nas Belas Artes como símbolo de inocencia e inxenuidade.[1] Os estudosos da música teñen suxerido que a representación exitosa de Debussy destas emocións estaba vinculada á simplicidade musical do preludio, especialmente os elementos técnicos e harmónicos.[1][3]
A elección da simplicidade para esta peza foi algo moi pouco habitual, xa que se desviou do seu estilo do momento e lle devolveu as harmonías simples que empregara nasprimeiras composicións, máis tradicionais.[1][4]
Debussy empregara previamente o título para unha mélodie que escribira entre 1882 e 1884.[5] Con todo, non presenta ningunha similitude co preludio de 1910,[2] e simplemente ten unha "relación familiar distante" co preludio como motto segundo James R. Briscoe na revista musical 19th-Century Music.[5]
A canción, que é unha das súas primeiras obras, estaba adicada a Marie-Blanche Vasnier[6], quen Mantivo unha relación con Debussy na época, e este adicoulle a maioría das composicións que escribiu entre 1880 e 1884.[7]
Poema
O poema orixinal de Leconte de Lisle foi escrito en francés.
Sur la luzerne en fleur assise,
Qui chante dès le frais matin ?
C'est la fille aux cheveux de lin,
La belle aux lèvres de cerise.
L'amour, au clair soleil d'été,
Avec l'alouette a chanté.
Ta bouche a des couleurs divines,
Ma chère, et tente le baiser !
Sur l'herbe en fleur veux-tu causer,
Fille aux cils longs, aux boucles fines ?
L'amour, au clair soleil d'été,
Avec l'alouette a chanté.
Ne dis pas non, fille cruelle !
Ne dis pas oui ! J'entendrai mieux
Le long regard de tes grands yeux
Et ta lèvre rose, ô ma belle !
L'amour, au clair soleil d'été,
Avec l'alouette a chanté.
Adieu les daims, adieu les lièvres
Et les rouges perdrix ! Je veux
Baiser le lin de tes cheveux,
Presser la pourpre de tes lèvres !
L'amour, au clair soleil d'été,
Avec l'alouette a chanté.[8]
La fille continúa a ser unha das composicións musicais máis gravadas de Debussy.[13] A pesar da súa interpretación sobre unha base recorrente, o preludio segue a ser popular entre as audiencias,[4] en parte debido á súa "melodía memorable" que se sobrepón cun "acompañamiento suave".[14] Ten sido aclamada pola súa amplitude de emoción,[3] con Clarke Bustard do Richmond Times-Dispatch describindo a peza como "quizais a do carácter máis delicado" de todos os seus vinte e catro preludios.[15]
Problemas coa escoita destes ficheiros? Vexa a páxina de axuda.
Colocación dentro dos Preludios, Libro I
Debussy era coñecido pola súa meticulosidade na preparación dos seus preludios.[16] O pianista e crítico musical Paul Roberts afirma que este preludio, xunto cos dous que lle preceden inmediatamente, forma "o arco central"[2] da estrutura do Libro I, xa que as tres pezas proporcionan o maior "contraste dramático"[2] de todos os preludios do primeiro libro. O sexto preludio, Des pas sur la neige (Pegadas na neve), evoca un sentimento de tristeza e illamento,[16] mentres que Ce qu'a vu le vent d'ouest (O que viu o vento do oeste) —o sétimo— exuda unha natureza violenta e tumultuosa.[17] En marcado contraste con estes dous, La fille produce unha sensación de suave "lirismo" e "calidez", que non son característicos deste tipo de música de Debussy.[17] Ao colocar estes tres preludios nesta orde particular, Debussy asegurouse de que posiblemente o preludio máis complexo tecnicamente da colección (Vent d'ouest) estivese situado entre os dous máis sinxelos a nivel técnico dos vinte e catro.[17]
Composición
A idea central do preludio está tomada do seu título: unha rapaza con cabelos dourados nunha contorna pastoral en Escocia.[3] Polo tanto, é un dos moitos exemplos da música impresionista, xa que evoca imaxes dun lugar no estranxeiro. O seu emprego de escalas pentatónicas ao longo de toda a peza logra isto, e ao combinalo coa harmonización de acordes diatónicos e cadencias modais, crea unha melodía de tipo folcórico.[4] Este preludio emprega máis tons principais plagais que calquera outra peza composta por Debussy, e a melodía do preludio alterna os movementos conxuntos cos disxuntos en todo momento.[18]
A peza comeza co seu coñecido tema inicial, que consiste en frases de tres notas,[17] agrupadas como unha corchea e dúas semicorcheas. Finaliza cos acordes que forman unha cadencia plagal entre os compases 2 e 3,[18] un elemento que non aparece nos seus preludios anteriores. A segunda parte da melodía comeza nos compases 3-4, evocando unha balada escocesa ou algo parecida a unha melodía ao estilo das de Edvard Grieg.[17] A melodía do inicio regresa no compás 8 con harmonía adicional na man esquerda. No compás 19, a melodía comeza o seu ascenso ao clímax da peza, aumentando de xeito gradual mediante a utilización do crescendo para impulsala ao cénit ao final do compás 21. Case ao final do compás 22, a melodía decrece cara ao compás seguinte, onde o tema do clímax se repite unha oitava máis grave. Unha parte similar a un pedalpianissimo que se move en movemento paralelo —empregando quintas consecutivas nalgúns lugares— aparece nos compases 24 a 27. No seguinte compás, a coda do preludio ve o regreso do tema inicial por última vez —aínda que unha oitava máis aguda— seguido polo motivo de pedal.[14] Finalmente, a melodía ascende nun movemento paralelo e fai uso dunha cadencia plagal que conduce a cadencia á tónica da tonalidade principal en estado fundamental. Esta cadencia nin "anticipa melodicamente a tonalidade de chegada"[18] nin inclúe a tónica na man esquerda. Polo tanto, foi descrita como "a harmonización ideal do ton principal plagal."[18] A melodía finaliza con dous acordes de oitova arpexiada (Re♭ na man esquerda seguido por Sol♭ na dereita), levando ao preludio á súa conclusión.[14]
↑ 5,05,1Briscoe, James R. (Outono de 1981). "Debussy "d'après" Debussy: The Further Resonance of Two Early "Mélodies"". 19th-Century Music(en inglés)5 (2) (University of California Press). pp. 110–116. JSTOR746401.(require rexistro)
↑"La Fille aux cheveux de lin". Debussy.fr(en inglés). Centre de documentation Claude Debussy. 2007. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
↑Timbrell, Charles (agosto de 1992). "Claude Debussy and Walter Rummel: Chronicle of a Friendship, with New Correspondence". Music & Letters(en inglés)73 (3) (Oxford University Press). pp. 399–406. JSTOR735295. doi:10.1093/ml/73.3.399.(require rexistro)