Koski Tl (Tl. Koski, ”Turun läänin Koski”, en suecoKoskis[1]) é un municipio de Finlandia situado na rexión de Finlandia Propia. En 2018 a súa poboación era de 2.353 habitantes. A superficie do termo municipal é de 192,42 km2, dos cales 0,94 km2 son auga.[2] O concello ten unha densidade de poboación de 12,29 hab./km².
O nome do municipio vén da antiga provincia provincia de Turku e Pori, denominada en finésTurun ja Porin lääni. Para diferenciar o municipio doutros tamén chamados Koski adoptouse a forma Tl xunto ao nome, do mesmo xeito que Koski Hl (da antiga provincia de Tavastia, en finés Hämeen lääni). Este último municipio mudou a súa denominación por Hämeenkoski en 1996, mais Koski Tl mantivo o seu nome.