Tavastia Propia (en finés Kanta-Häme e en sueco Egentliga Tavastland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao sur do país, na provincia histórica de Tavastia e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Hämeenlinna.
A rexión de Tavastia Propia limita ao norte coa rexión de Pirkanmaa, ao leste coa de Päijänne Tavastia, ao sur con Uusimaa, e ao oeste con Finlandia Propia.
É a 14ª rexión máis poboada do país e a 17ª máis extensa.
Concellos
Tavastia propia conta cun total de 11 concellos, dos cales 3 son considerados cidades (en letra grosa):
Antigos concellos
Véxase tamén
Ligazóns externas