Klondaik |
---|
Ficha técnica |
---|
Título orixinal | Клондайк |
---|
Director | Maryna Er Gorbach |
---|
Produtor | Maryna Er Gorbach Sviatoslav Bulakovskyi Mehmet Bahadir Er |
---|
Guión | Maryna Er Gorbach |
---|
Intérpretes | Oxana Cherkashyna Sergey Shadrin Oleg Scherbina Oleg Shevchuk Artur Aramyan Evgenij Efremov |
---|
Música | Zviad Mgebrishvili |
---|
Fotografía | Sviatoslav Bulakovskyi |
---|
Montaxe | Maryna Er Gorbach |
---|
Estudio | Kedr Film Protim Video Production TRT |
---|
Estrea | Sundance: 21 de xaneiro de 2022 |
---|
Orixe | Ucraína Turquía |
---|
Orzamento | 25 960 000 ₴[1] |
---|
Na rede |
---|
|
Klondaik (en ucraíno: Клондайк) é un filme ucraíno de 2022 escrito, dirixido e editado por Maryna Er Gorbach. Está protagonizado por Oxana Cherkashyna como muller embarazada que vive preto da fronteira entre Ucraína e Rusia durante a guerra ruso-ucraína e o derrubo do voo 17 de Malaysia Airlines. Klondaik estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2022, onde gañou o premio "World Cinema Dramatic Competition" á mellor dirección.[2] No Festival Internacional de Cinema de Berlín, quedou no segundo posto na categoría Panorama Audience.[3] Este filme foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse
Unha familia ucraína está atrapada no centro do derrubamento do MH17. A acción ten lugar o 17 de xullo de 2014 na vila de Grabove, na rexión de Donetsk, preto da fronteira rusa.[4] Os protagonistas, Irina e Anatoly están esperando o seu primeiro fillo, mentres a guerra ocupa brutalmente as súas vidas xunto cos restos do Boeing derrubado. A muller négase a evacuar, mesmo cando a aldea é ocupada por grupos armados.
Personaxes
- Oksana Cherkashina como Irka
- Serhiy Shadrin como Tolik
- Oleg Shcherbina como Yurik, irmán máis novo de Irka
Notas
Véxase tamén
Outros artigos