Aurora (en ucraíno: Аврора) é un filme ucraíno de 2006 dirixido por Oksana Bairak. Estreouse nos cinemas de Ucraína o 30 de novembro de 2006. Foi escollido como candidato de Ucraína para o Óscar ó mellor filme internacional na 79ª edición dos premios,[1] mais finalmente non foi nomeado.
A rodaxe tivo lugar en Kíiv, Donetsk, Kramatorsk, a zona de exclusión de Chernóbil e Os Ánxeles. Os papeis principais foron interpretados pola moza de 14 anos Anastasia Zyurkalova, o actor ruso Dmytro Kharatyan e o estadounidense Eric Roberts. Os produtores da película foron Oleg Stepanenko ("IntWestDistribution") e Oksana Bayrak ("Bayrak Studio") co apoio da canle de televisión "Inter.[2][3]
Sinopse
O filme trata dunha nena chamada Aurora que sufriu como consecuencia do desastre de Chernóbil de 1986. Aurora é levada aos Estados Unidos onde se supón que debe operarse. Ela coñece a un home cunha vida arruinada e axúdao a converterse nun personaxe refinado.
Personaxes
- Nastya Zyurkalova como Aurora
- Dmitry Kharatyan como Nik Astakhov
- Eric Roberts como Mr. Brown
- Anastasiya Meskova como Margo
- Anastasiya Bunina como Natalya
- Varvara Filipchuk
- Vlad Gerasimov
- Vladimir Goryanskiy
- Yekaterina Kachan
- Sergey Malyuga
- Oleg Maslennikov
- Irina Pogulyay
- Natalya Natalushko
- Stanislava Khomenko
- Dima Martimyanov
- Alla Maslennikova
- Yelena Petrashko
- Larisa Pretorius
Notas
Véxase tamén
Outros artigos