As especies de Klebsiella son ubicuas na natureza.[4] Están presentes no tubo dixestivo e no aparato respiratorio de homes e animais como bacterias comensais. Son frecuentes nas feces e poden ser un indicador de contaminación fecal. Abundan no solo, e auga e son fixadores de nitróxeno.
Patoxenicidade
Klebsiella pneumoniae orixina infeccións respiratorias (pneumonías, abcesos pulmonares, pleuresías), infeccións intestinais e urinarias. Ten un efecto citotóxico sobre o epitelio das vías aéreas e pode ser responsable de infeccións nosocomiais. O seu poder patóxeno e a súa virulencia[5] está ligada a varios factores:
A súa cápsula de polisacáridos, que lle confire a Klebsiella pneumoniae un forte poder invasivo ao protexela da fagocitose e en certa medida dalgúns desinfectantes. Esta voluminosa cápsula explica o aspecto pegañento e empenado das colonias nos medios de cultivo habituais. O papel da cápsula non se comprende totalmente, e obtivéronse resultados diferentes nos estudos in vivo e in vitro.[6]
Produción de sideróforos (péptidos que captan ferro),
Produción dun complexo extracelular (tóxico para os tecidos pulmonares). Sábese que este efecto está ligado á cápsula, xa que desaparece nas bacterias viventes pero non capsuladas. Ademais, a citotoxicidade das cepas non capsuladas recupérase simplemente engadindo cápsulas extraídas por purificación dunha colonia capsulada[7].
Klebsiella oxytoca (Flügge 1886) Lautrop 1956
Klebsiella mobilis Bascomb et al. 1971
Klebsiella singaporensis Li et al. 2004
Klebsiella granulomatis (Aragão and Vianna 1913) Carter et al. 1999
Klebsiella variicola Rosenblueth et al. 2004.