María Isabel Ana Mantecón Vernalte, nada en Antequera (Málaga) o 11 de maio de 1953, é unha actriz española, coñecida como Kiti Mánver.[1] A súa traxectoria cinematográfica inclúe filmes dirixidos por Pedro Almodóvar, José Luis Garci e Álex de la Iglesia.[2] Tamén desenvolveu unha ampla traxectoria en producións para a televisión e no teatro.[3]
Na sexta edición dos premios Goya, celebrada en 1992,[4] recibiu o premio á mellor actriz secundaria pola súa interpretación no filme dirixido por Enrique Urbizu Todo por la pasta.[5] En 2014 foi recoñecida co Premio Ceres[6] polo seu papel na obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio.[7]
Traxectoria
Mánver viviu en Málaga ata os trece anos, cando a súa familia se mudou a Madrid, aínda que mantivo o contacto co sur pola súa afección á actividade campesiña, que a relaxa. Comezou a traballar no cinema con dezasete anos, e, aínda que protagonizou o primeiro espido do teatro español, como feminista posicionouse contra o destape.[8]
Traballou con directores como Manuel Gutiérrez Aragón,[9] Pedro Almodóvar, Manuel Gómez Pereira, Gerardo Vera, José Luis García Sánchez, Álvaro Fernández Armero, Álex de la Iglesia e José Luis Garci.[10]
Obtivo o Premio Goya á mellor interpretación feminina secundaria en 1991 pola súa interpretación no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, que protagonizou xunto coa tamén malagueña María Barranco.[11][12]
En 2017 foi a actriz principal da obra Las heridas del viento de Juan Carlos Rubio, que se presentou en Londres como parte del Festival de Teatro Español.[7]
Filmografía
Notas
- ↑ "Kiti Mánver". IMDb. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Entrevista a KITI MÁNVER (actriz); JUAN CARLOS RUBIO, (dtor. teatral) y CHEVI MURADAY, (Premio Nacional de Danza)". RTVE.es (en castelán). 6 de abril de 2018. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ Morales Fernández, Clara (28 de agosto de 2014). "Privilegiados entre esclavos". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "6 Edición de los Premios Goya (1992) - Películas de 1991". FilmAffinity (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ Premios Goya (30 de xuño de 2016). "Kiti Mánver, Goya 1992 a Mejor Actriz de Reparto". Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ "Kiti Mánver, Premio Ceres 2014 a la Mejor Actriz por «Las heridas del viento»". abc (en castelán). 11 de agosto de 2014. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 Ripa, Jaime (11 de agosto de 2014). "“Da igual la vigencia que le demos al teatro si el público no va”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ Kiti Mánver: «Durante el destape había una especie de acoso y de obligación para hacerte fotos en pelotas»
- ↑ Gutiérrez Aragón, Manuel; Torres, Augusto M. (1992). Conversaciones con Manuel Gutiérrez Aragón (en castelán). Editorial Fundamentos. ISBN 9788424506193. Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ Europa Press (11 de agosto de 2014). "Kiti Mánver, mejor actriz en Mérida". Diario El Mundo (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ La Ficha Rosa Del Trivial (20 de decembro de 2013). "Entrevista a la actriz Kiti Manver". La ficha rosa del trivial (en castelán). Consultado o 6 de maio de 2019.
- ↑ Kiti Manver (2013)
Véxase tamén
Ligazóns externas