Kevin Spacey naceu en South Orange, no estado de Nova Jersey, co nome Kevin Spacey Fowler. É o irmán máis novo dos tres fillos dun matrimonio formado por un pai redactor técnico, e unha nai secretaria. O traballo do pai motivou que a familia se mudase en varias ocasións, vivindo en distintas localidades do país. Finalmente establecéronse en California, onde o pequeno Kevin puxo de manifesto o seu carácter falcatrueiro. Os seus pais enviárono a un internado dirixido por militares, do que foi expulsado ós poucos meses. Ingresou entón nun colexio do Val de San Fernando, preto dos Ánxeles. Alí Spacey encontrouse a gusto, e comezou a participar no teatro afeccionado da escola.
Finalizada a escola, e tras unha breve estancia nun colexio de actuación de Los Ángeles, Spacey marchou a Nova York e comezou a estudar interpretación no prestixioso Juilliard School. Dous anos despois era tan degoado por actuar, que abandonou o colexio antes de graduarse e se incorporou ó Festival de Shakespeare de Nova York.
En 1981 Spacey apareceu por primeira vez no teatro, interpretando un mensaxeiro na obra de Shakesperare Henrique VI. O ano seguinte actuou nun drama de Ibsen en Broadway. Deuse de conta de que o seu camiño estaba no cine, pero aínda así, Spacey seguiu actuando regularmente no teatro e gañou en 1991 un premio Tony, o equivalente ós Óscar no teatro.
Spacey gañou dous Óscar, un como mellor actor secundario e outro como mellor actor principal, este último por American Beauty en 1999. En 2003, Spacey foi nomeado director artístico do teatro Old Vic en Londres, un dos teatros máis prestixiosos de lingua inglesa. Alí dirixe unha nova compañía teatral, que actúa durante oito meses ó ano, e da que Spacey é actor, ademais de director. Entre outras obras, estreou en Londres Cloaca, da dramaturga Maria Goos.