Kermes ilicis ou cochinilla da aciñeira, é un insecto hemíptero da superfamilia dos cocoideos e familia dos quermésidos, unha das contra 20 integradas no xénero Kermes.[1]
Parasito de especies de Quercus
É un parasito de plantas, sendo os seus hospedeiros varias especies do xénero Quercus, principalmente de Quercus ilex (do que toma o seu nome vulgar, da "aciñeira"), especie que se distribúe polas rexións costeiras da conca do Mediterráneo, (España, Italia, Francia, Grecia,Alxeria), encontrándose este insecto tamén en Portugal, Polonia, Hungría, Austria e Moldova.[2]
Outras especies parasitadas por Kermes ilicis son Quercus toza, Q. suber, Q. pubescens e Q. coccifera.[3]
Taxonomía
Descrición
A especie foi descrita por Linneo en 1758, na páxina 455 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Coccus ilicis.[4][5]
Sinónimos
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos seguintes:[3][4]
- Coccus ilicis Linnaeus, 1758 (protónimo)
- Coccus bauhini (Planchon, 1864)
- Chermes ilicis (Linnaeus, 1758)
- Chermes bauhini Planchon 1864
- Lecanium ilicis (Linnaeus, 1758)
- Kermes bauhini (Planchon, 1864)
- Kermes bauhinii (Planchon, 1864) (nome inválido por erro gramatical)
- Kermococcus ilicis (Linnaeus, 1758)
Uso como colorante e na fabricación de coiros
Unha tintura natural vermella obtense quermes ou carmín, foi utilizada desde a antigüidade, ten aproximadamente unha décima parte do poder colorante da cochinilla. O colorante primario, o ácido quermésico, extráese con auga. Estas especies de Kermes tamén conteñen entre o 18 e o 32 % de taninos, polo que se usan para producir coiros de cor escura. O pigmento carmesí destes insectos fíxose a partir de fo quermes mediante extracción con álcalis e logo precipitándoo on trihidrato de alúmina (Al2O3·3H2O). Foi utilizado polos antigos exipcios, gregos e romanos. Esta tintura carmesí rara vez se usou despois de que o carmín se fixera popular no século XVI pola introdución da cochililla mexicana Dactylopius coccus, e deioxou de empregarse no século XIX.[6]
Dilucidación das especies Kermes ilicis e K. vermilio
Durante moitos anos consideráronse ambas as especies como conesperíficas. Pero grazas á determinación das drogas polos sues caracteres morfolóxicos externos ao estudialas usando o microscopio, permitiulle a Gustave Planchon corrixir as identificacións erróneas entre Kermes vermilio e Kermes ilicis, identficando a K. vermilio como especie separada.[7]
Notas
- ↑ Hodgson, Chris J. (1997): "Classification of the Coccidae and related Coccoid families", en Yair Ben-Dov & Chris J. Hodgson, eds. "Soft Scale Insects their Biology, Natural Enemies and Control", World Crop Pests, Volume 7, Part A, páxinaas 157-201.
- ↑ Kermes ilicis (Linnaeus, 1758) Arquivado 22 de xuño de 2020 en Wayback Machine. no GBIF.
- ↑ 3,0 3,1 Kermes ilicis en Scale Net info.
- ↑ 4,0 4,1 Kermes ilicis en ScaleNet.
- ↑ Coccus ilicis no Systema Naturae.
- ↑ Kermes en cameo.mfa.org (en inglés).
- ↑ Naturenet article with images and description of Kermes vermilio and its foodplant.
Véxase tamén
Bibliografía
- Boitard, P. (1828): Les gallinsectes. Manuel d'entomologie ou histoire naturelle des insectes 2: 169–172.
- Fernald, M. E. (1903): A catalogue of the Coccidæ of the world. Special bulletin. Hatch Experiment Station of the Massachusetts Agricultural College nº 88.
- Schweppe, H. & H. Roosen-Runge (1986): "Carmine-Cochineal Carmine and Kermes Carmine". En Artists' Pigments, Volume 1, R. Feller (ed.), Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-5213-0374-3.
Outros artigos