Jonathan Keith Smart, nado o 21 de setembro de 1964 en Baton Rouge, Louisiana, é un xogador retirado estadounidense de baloncesto profesional e actual adestrador principal dos Sacramento Kings da NBA. É recordado mellor polo lanzamento gañador no campionato da NCAA de 1987, que lle deu aos Indiana Hoosiers a vitoria por 74-73 sobre os Syracuse Orangemen.[1]
Tras dúas tempadas en Indiana, Smart asinou cos San Antonio Spurs, onde xogou dous partidos na tempada 1988-89. Smart tixo máis éxito na CBA, onde xogou seis tempada antes de retirarse en 1995. Smart xogou tamén para os Halifax Windjammers da World Basketball League nos anos 90, e unha tempada nos Worcester Counts da mesma liga en 1989.
Smart xogou tamén en Filipinas, cos San Miguel Beermen da PBA. Xogou ademais dúas tempadas en Francia, e unha en Venezuela[2]
En 2002, Smart rematou a tempada coma adestrador principal dos Cleveland Cavaliers, tras tres tempadas de asistente. A súa marca foi de 9-31. En 2003, converteuse en asistente dos Golden State Warriors.
En 2010, Smart ascendeu ao posto de adestrador principal dos Warriors, substituíndo a Don Nelson antes do comezo da pretempada 2010-11.[3]
Os Warriors o despediron o 27 de abril de 2011, tras unha tempada con 36 vitorias.[4] Uniuse aos Sacramento Kings coma adestrador asistente o 11 de novembro.[5] O 5 de xaneiro de 2012, os Kings nombrárono adestrador principal interino tras despedir a Paul Westphal.[6]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas