Kauniainen (en suecoGrankulla) é unha cidade de Finlandia situada na rexión de Uusimaa. En 2018 a súa poboación era de 9 608 habitantes. A superficie do termo municipal é de 6,00 km2, dos cales 0,11 km2 son auga.[1] O concello ten unha densidade de poboación de 1 631 hab./km².
É o concello de menor extensión de Finlandia e está totalmente rodeado polo concello de Espoo.
O concello é bilingüe con maioría de poboación de fala finesa e minoría sueca.