Karl Adolf Verner, nado en Århus o 7 de marzo de 1846 e morto en Copenhague o 5 de novembro de 1896, foi un filólogo danés.
Traxectoria
Verner é coñecido sobre todo polo seu artigo "Eine Ausnahme der ersten Lautverschiebung", Unha expepción á primeira mutación consonántica (1875), no que apareceu unha nova lei fonética chamada Lei de Verner na honra do seu descubridor, que é válida para explicar, mediante a comparación, algúns fenómenos fonéticos que ata daquela se consideraban simples excepcións (mesmo Verner usa o termo 'Ausnahme', 'excepción') á primeira mutación consonántica xermánica, comunmente coñecida como Lei de Grimm.