Kōnan (江南市, こうなんし, Kōnan-shi) é un concello da prefectura de Aichi no Xapón. Está situado na parte de Tōkai da rexión de Chūbu, e ao noroeste da prefectura, na zona da provincia histórica de Owari, no centro da illa de Honshū. A súa superficie é de 30,17 km², a poboación é de 100.531 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 3.330 h/km².
A cidade de Kōnan foi fundada pola fusión de 2 concellos do distrito de Niwa (Kochino-chou e Hotei-chou) e 2 concellos do distrito de Haguri (Miyata-chou e Kusai-mura) no ano 1954.