Justs Sirmais (nado o 6 de febreiro de 1995), tamén coñecido simplemente como Justs, é un cantante letón. Representou a Letonia no Festival de Eurovisión 2016 coa canción "Heartbeat".
Biografía
Sirmais naceu o 6 de febreiro de 1995 en Kekeva, Letonia. Estudou no Instituto Estatal de Riga núm. 1.[1]
O 31 de xaneiro de 2016, Sirmais foi anunciado como un dos doce cantantes da segunda tempada do Supernova, o show que usa Letonia para elixir o seu representante para o Festival de Eurovisión.[2][3] El competiu coa súa canción "Heartbeat", escrita pola cantante representante de Letonia do Festival de Eurovisión 2015, Aminata. Na primeira convocatoria o 7 de febreiro, Sirmais gañou co 40% do televoto. El competiu na semi-final o 21 de febreiro e conseguiu chegar á final. O 28 de febreiro, gañou a final nacional e foi escollido para representar ao seu país no Festival de Eurovisión 2016 en Estocolmo, Suecia.
Discografía
Sinxelos
Notas