Julián Hernández

Modelo:BiografíaJulián Hernández

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Julián Hernández Rodríguez-Cebral Editar o valor en Wikidata
2 de xullo de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, cantante Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoSony Music Entertainment Editar o valor en Wikidata

Sitio websiniestro.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0380030 Facebook: 100007724286779 Musicbrainz: ee363237-bd42-4939-aefc-2514500c1eb4 Discogs: 1350492 Allmusic: mn0000260032 Editar o valor en Wikidata

Julián Hernández Rodríguez-Cebral, nado en Madrid o 2 de xullo de 1960, é un cantante e guitarrista galego. É un dos fundadores e líder de Siniestro Total. Tamén tivo incursións como escritor, xornalista e actor.

Traxectoria

Aínda que nado en Madrid, pasou toda a súa infancia en Vigo onde comezou a súa afección polo rock e todo o que el mesmo chama "cultura popular". Descendente dunha familia de longa tradición artística, os ourives e esmaltistas Irmáns Hernández, en Vigo relacionouse con poetas do movemento Rompente, así como con outros intelectuais que vivían na cidade nos anos 80, entre os que estaban Manolo Romón e Antón Reixa.

Movida madrileña

De novo en Madrid, onde se matricula no conservatorio de música, Julián entra en contacto coa chamada movida madrileña, movemento que xa se vivía en Vigo, aínda que nunha escala menor. Os seus contactos con diversas personaxes relacionadas con selos independentes de Madrid axudarano a dar a coñece-lo grupo que ten cuns amigos en Vigo, Siniestro Total. Así Julián converterase en non moito tempo de fan da movida a protagonista da mesma.

Produtor

Ademais da súa relación con Siniestro Total, Julián participou noutros grupos paralelos, ás veces pensados para unha soa actuación e outros a máis longo prazo. Hernández participou na creación de Def Con Dos, grupo para o que produciu varios discos co pseudónimo de Padre Damián J. Karras, nome dunha personaxe da película O exorcista.

Actualidade

Na presentación de Que hostia din os rumorosos? (Rompente) organizada pola Libraría Miranda de Bueu o 23/08/2021. Escribiu o prólogo do libro.

Na actualidade mantén o dúo Transportes Hernández y Sanjurjo, xunto ao acordeonista Rómulo Sanjurjo (ex-membro de Os Diplomáticos de Monte-Alto). Tamén é columnista en diversos xornais e escritor, así como produtor de novos talentos do panorama musical, dentro da súa produtora Discos de Freno.