"Devorao" é unha canción da banda viguesa de rock Siniestro Total, editada como sinxelo do seu sétimo álbum En beneficio de todos en 1990. A súa cara b é o tema "Honky tonk men (Honky tonk women)", unha versión da canción dos Rolling Stones "Honky Tonk Women" con letra de Julián Hernández.[1] Os dous temas foron gravados nos estudios Trak de Madrid por Eugenio Muñoz, que tamén se encargou da produción.[2]
"Devorao" aparece tamén no álbum ao vivo Ante todo mucha calma, gravado na sala Arena de Valencia e publicado no ano 1992.
Listaxe de cancións
- "Devorao" (Miguel Costas)
- "Honky tonk men (Honky tonk women)" (versión dos Rolling Stones)
Notas
|
---|
|
Álbums | |
---|
EPs | |
---|
Recompilatorios | |
---|
Álbums en directo | |
---|
Sinxelos | |
---|