Julio Gurriarán Canalejas, nado no Barco de Valdeorras o 17 de abril de 1919 e finado no mesmo concello o 27 de marzo de 2012,[1] foi un médico e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Foi xefe local do SEU, un dos fundadores do Club Peña Trevinca - Montañeiros de Galicia (1944), alcalde do Barco de Valdeorras (1953–1979), deputado provincial e procurador en Cortes en representación dos concellos da provincia de Ourense (1958-1961). Foi presidente do Consello de Administración do Instituto Nacional de Previsión.
Na democracia foi elixido senador pola provincia de Ourense por Alianza Popular na segunda lexislatura (1982-1986). En 1987 encabezou a candidatura de Alianza Popular no Barco e foi a forza máis votada, se ben non logrou a alcaldía tras un pacto tripartito que fixo alcalde ó candidato do CDS Eulogio Gavela García. En 1991 encabezou a candidatura do PPdeG e logrou a maioría absoluta, polo que volveu ser alcalde do Barco. En 1995 perdeu a maioría absoluta, continuando como alcalde despois de que os grupos de esquerdas non chegasen a un acordo. Gobernou en minoría ata que en xuño de 1996 alcanzou un pacto de goberno cos concelleiros da Plataforma de Independentes de España. Porén, en xullo de 1997 expulsou ós independentes do goberno e asumiu o resto do mandato en minoría. Non se presentou á reelección en 1999 e abandonou política.
Recoñecementos
No Barco de Valdeorras o CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas leva o seu nome.[2]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- García Yáñez, Félix (2005). O Barco e a terra de Valdeorras durante a II República e o Franquismo (1931-1971). Vigo: A Nosa Terra. ISBN 84-96403-13-0.
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
2023 | | |
---|
nov. 2019 - | |
---|
abr.-nov. de 2019 | |
---|
2016 - 2019 | |
---|
2015 - 2016 | |
---|
2011 - 2015 | |
---|
2008 - 2011 | |
---|
2004 - 2008 | |
---|
2000 - 2004 | |
---|
1996 - 2000 | |
---|
1993 - 1996 | |
---|
1989 - 1993 | |
---|
1986 - 1989 | |
---|
1982 - 1986 | |
---|
1979 - 1982 | |
---|
1977 - 1979 | |
---|
↓ substituído ↑ substituto |