Juliana Pasha, nada en Tirana o 20 de maio do 1980, é unha cantante albanesa gañadora do Festivali I Këngës 48.
Biografía
En 2007 presentouse por primeira vez ó Festivali I Këngës, coa canción Nje qiell te ri, conseguindo un terceiro posto. En 2008, Juliana volveuse a presentar, esta vez con Luiz Ejlli, representante albanés no Festival da Canción de Eurovisión 2006, conseguindo un segundo lugar coa canción Nje Jëte. En 2009, finalmente conseguiu a vitoria no Festival, gañando a Anjeza Shahini coa canción Nuk Mundem Pa Ty (Non podo sen ti). Juliana representou a Albania no Festival de la Canción de Eurovisión 2010 en Oslo, Noruega, en maio de 2010.