Judith Arundell Wright, nada en Nova Gales do Sur (Australia) o 31 de maio de 1915 e finada en Camberra o 26 de xuño de 2000, foi unha escritora e crítica australiana, alén dunha activista polos dereitos dos aborixes australianos.[1]
Traxectoria
Entrou para a Universidade de Sydney en 1934, onde estudou filosofía, historia, psicoloxía e inglés sen se formar. Arredor dos seus vinte anos, quedou progresivamente xorda. Entre 1837 e 1938 viaxou por Europa. Con 30 anos, coñeceu o compañeiro co cal máis tarde casaría: J.P. McKinney.
Considerada unhas das maiores figuras da literatura australiana en ensaios e poesía,[2] foi Doutora Honoris Causa polas Universidades de Queensland, Nova Inglaterra e Sydney.
Judith Wright faleceu en Camberra a 26 de xuño de 2000, con 85 anos.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía