Juan García Benito

Modelo:BiografíaJuan García Benito
Biografía
Nacementoc. 10 de xullo de 1752 Editar o valor en Wikidata
Torre de Santa María, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de setembro de 1825 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Caldelas de Tui, España Editar o valor en Wikidata
Arcebispo de Santiago de Compostela
29 de agosto de 1822 – 8 de xullo de 1824
← Rafael de Múzquiz AldunateSimón Antonio de Rentería y Reyes (pt) Traducir →
Bispo de Tui
24 de xullo de 1797 –
← Domingo Ramón Fernández Angulo (en) TraducirFrancisco Javier García Casarrubios y Melgar (en) Traducir →
Arcebispo católico
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónFrancisco Javier Cabrera Velasco (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

BUSC: garcia-benito-juan-bispo-de-tui-1752-1825

Juan García Benito, nado en Torre de Santa María (provincia de Cáceres) en 1752[1] e finado en Caldelas de Tui (Tui) en 1825,[2], foi un bispo católico estremeño.[1]

Traxectoria

Naceu no seo dunha familia estremeña fidalga. Foi nomeado presbítero en 1775 e bispo de Tui en 1797.[1] En 1808 foi presidente da Xunta de Armamento e Defensa contra a invasión francesa e un ano despois formou parte da Xunta Suprema do Reino de Galicia na Coruña. Debido ás persecucións anticlericais, tivo que fuxir por Portugal para refuxiarse en Hoyos, axudado polo bispo de Coria. Regresou a Tui tras a marcha dos franceses de Galicia. Segundo Ávila y la Cueva, axudou ao conde de San Simón na guerra de Portugal de 1801 e outros señores e bispos galegos.[1]

Vexamos o estancamento agrario en 1802: "Se se destinasen os solos de boa calidade, uns para sementar de trigo, centeo ou millo, outros para prados, variando o seu cultivo; se nos solos arxilosos e areniscos se plantasen viñas; se as oliveiras, castiñeiros, nogueiras, substituísen os pouco útiles piñeiros, desterrándoos aos montes para que a súa veciñanza non prexudicase os mellores plantíos; se as ribeiras dos nosos ríos en vez de cubertas de infrutíferos chopos o fosen de limoeiros, laranxeiras, moreiras etc., quen podería calcular as avantaxes do país…”
—(Extracto dunha circular do bispo de Tui, Juan García Benito, aos curas do seu bispado).[3]

En 1812 participou nas Cortes de Cádiz e solicitoulles aos párrocos que lle explicasen ao pobo a Constitución aprobada. Porén, en 1814 felicitou o rei Fernando VII tras o seu regreso como monarca absolutista. En 1820, durante o Trienio Liberal, volveulles pedir aos cregos que difundisen a nova constitución.[1]

En 1813 extinguiu o Tribunal da Inquisición, mentres que os demais bispos galegos se opuxeron a esta decisión. O rei propúxoo como arcebispo de Compostela en 1821, pero renunciou.[1] Preocupouse tamén pola situación económica e social de Galicia.

Faleceu en 1825 tomando as augas en Caldelas de Tui.[2]



Dignidades da Igrexa católica
Predecesor:
Domingo Ramón Fernández Angulo
 Bispo de Tui-Vigo 
1797 - 1825
Sucesor:
Francisco Javier García Cascarrubios y Melgar

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Polán, L. De Guereñu (domingo, 9 de octubre de 2011). "solosequenosenada: Juan García Benito, un obispo de su época". solosequenosenada. Consultado o 2024-12-03. 
  2. 2,0 2,1 Redacción (2024-02-06). "O Balneario de Caldelas de Tui nos séculos XVIII e XIX ·". COUSAS DE - Revista. Consultado o 2024-12-03. 
  3. Obelleiro, L. Idade contemporánea. En Carballo et al. (1991). Historia de Galicia. A Nosa Terra.