Juan Carreño de Miranda

Modelo:BiografíaJuan Carreño de Miranda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de marzo de 1614 Editar o valor en Wikidata
Avilés, España Editar o valor en Wikidata
Morte3 de outubro de 1685 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Pintor de cámara
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, debuxante arquitectónico Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
MovementoBarroco Editar o valor en Wikidata
AlumnosJuan Serrano (pt) Traducir e Bartolomé Vicente (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteMedvik >>>:Carreño de Miranda, Juan, 1614-1685, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1156142 Discogs: 5444891 Editar o valor en Wikidata
Retrato do embaixador ruso Piotr Potemkim, 1681-82, Museo do Prado

Juan Carreño de Miranda (16141685) foi un pintor español do período barroco, considerado o máis conspicuo representante da Escola de Madrid.

Biografía

Carreño naceu en Avilés o 25 de marzo de 1614 no seo dunha familia fidalga asturiana, aínda que seu pai, que tiña o mesmo nome era pintor. Trasladado a Madrid en 1625, realizou o seu aprendizado pictórico nos talleres de Pedro de las Cuevas e de Bartolomé Román. Amigo do tamén pintor Francisco Rizi, como el dedicouse a traballar para igrexas e conventos, obra que devela a influencia dos grandes mestres flamengos: Rubens e van Dyck.

Anos máis tarde, cóidase que a instancia de Velázquez, entrou a servizo do pazo real. No ano 1669 é nomeado pintor do Rei, unha vez falecido Del Mazo, e dous anos máis tarde, en 1671, é xa pintor de Cámara do derradeiro monarca da Casa de Habsburgo, Carlos II. Carreño faleceu en Madrid o día 3 de outubro de 1685.

Estilo

Carreño mostra no seu estilo características velazqueñas, mais nalgunha das súas obras mesmo revela influencias de pintores estranxeiros como van Dyck. Cultivou especialmente o retrato, no que realizou elegantes composicións, e, como foi nota distintiva da pintura española, a temática relixiosa foi moi importante no seu labor. Entre os seus discípulos máis coñecidos figura Pedro Ruíz González.

Obra (selección)

Véxase tamén

Bibliografía

  • Pérez Sánchez, Alfonso, Pintura y escultura, in R. Menéndez Pidal, Historia de la Cultura Española: El siglo del Quijote: 1580-1680, vol IIº. Madrid. Espasa Calpe. 1996