Joám José Romero Durán, nado en Pontevedra en 1970, é un economista e xestor administrativo galego cunha diversa traxectoria profesional.
Traxectoria
Licenciou-se en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tivo como profesores a economistas e intelectuais como Xosé Manuel Beiras, Ramón López-Suevos, Xavier Vilhar Trilho, Xoán Carmona Badía, Xabier Olariaga, Xoán Ramón Doldán, Ceferino Díaz ou Emilio Pérez Touriño. Cursou estudos de postgrao na Escola de Negocios Afundación IESIDE en Vigo, no Instituto Superior de Técnicas e Prácticas Bancarias de Madrid e o Diploma de Análise Crítica da Economía Capitalista da Universidade Complutense de Madrid, dirixido polo profesor Xabier Arrizabalo Montoro. Ten o título oficial de Xestor Administrativo,[1] outorgado polo entón Ministerio de Administracións Públicas.
Desempeñou o seu traballo no ámbito da banca, da empresa privada como responsable do departamento financeiro e como economista e xestor administrativo asesorando a persoas autónomas e pequenas empresas. Desde 2020, exerce como economista asistente do Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego no Parlamento de Galicia.
Na súa mocidade participou en diversas iniciativas culturais como o Club Informático Novasoft en Vilagarcía na revista reintegracionista Embora e no colectivo cultural local Lanças de Breogham. Na universidade participou na Assembleia Bonaval de Compostela de carácter reintegracionista xunto ao profesor Xavier Vilhar Trilho, Ângelo Brea, Iolanda Aldrei e nos colectivos estudantís CAF e EI. Foi membro electo da xunta da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais polos Comités Abertos de Faculdade e membro da dirección nacional de Galiza Nova como responsable comarcal do Salnés. Actualmente é membro do Consello Comarcal[2] do BNG de Pontevedra, e viceresponsable local no municipio de Cerdedo-Cotobade. Formou parte da candidatura[3] do BNG ás Eleccións municipais de 2019.
Foi fundador e activista da Asociación Cultural Almuinha de Marín. É socio de AGAL, e amigo colaborador da Escolas de Ensino Galego Semente,[4] socio da asociación cultural O Quilombo de Pontevedra, e membro fundador e activista de CERCO Acción Social e Cultural de Cerdedo-Cotobade.
Ten publicado varias ducias de artigos de temática económica en medios galegos como Sermos Galiza e o Nós Diario.[5] É un dos tres prologuistas do libro Anacos da Vida, de Víctor Rivas, editado pola Editorial Galaxia en 2021.
Vida persoal
Bisneto de Francisco Porto Rey, emprendedor cultural, xornalista, escritor, e membro do Partido Galeguista, por rama paterna e de Ramón Pereira Barreiro, militar republicano represaliado polo franquismo, pola rama materna, pasou a súa infancia en Vilagarcía de Arousa.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas