Ramón Pereira Barreiro, nado en Padrón o 5 de novembro de 1892 e finado no Carril o 20 de novembro de 1964, foi un militar e político galego.
Traxectoria
Fillo dun carabinero de Muros, estudou no Escorial no colexio de carabineiros. Licenciado, retornou a Muros e foi destinado a Esteiro. Cabo de carabineiros, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Bilbao co seu irmán Germán e combateu no exército republicano. Entregouse en Santander onde foi detido e, posteriormente enviado á Coruña. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión foi condenado a 12 anos de prisión. Despois de saír de prisión volveu a Esteiro onde traballou como latoeiro, carpinteiro e reloxeiro; tamén instalou unha escola para ensinar a ler e escribrir a adultos de xeito gratuíto. A instacia do seu fillo Ramón, a familia trasládouse ao Carril onde foi porteiro na fábrica de Mequinsa. Despois estableceuse como reloxeiro e finalmente foi propietario da librería Waldina e correspondente administrativo de El Pueblo Gallego no Carril. Finou no Carril o 20 de novembro de 1964.[1]
Vida persoal
Casou con María Vidal Fernández e foi pai de Ramón, Mercedes, Sagrario, Waldina e Dolores Pereira Vidal.
Notas
- ↑ El Pueblo Gallego, 22-11-1964, p. 17.
Véxase tamén
Bibliografía