Xoán Carmona Badía, nado en Vigo en 1951, é un economista galego. Catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela
Traxectoria
Doutor en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (1983). Ampliou estudos no Max-Planck-Institut für Geschichte. É catedrático de Historia e Institucións Económicas na USC (1990). É director do Departamento de Historia e Institucións Económicas na USC. Investiga sobre historia marítima e industrial, e historia empresarial e patrimonio industrial.