José María Ruiz-Mateos

Modelo:BiografíaJosé María Ruiz-Mateos

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Ruiz- Editar o valor en Wikidata
11 de abril de 1931 Editar o valor en Wikidata
Rota, España Editar o valor en Wikidata
Morte7 de setembro de 2015 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
El Puerto de Santa María, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Eurodeputado
Representa: Agrupación Ruiz-Mateos (en) Traducir

25 de xullo de 1989 – 18 de xullo de 1994

Circunscrición electoral: España

Datos persoais
ResidenciaFrankfurt
Xerez da Fronteira
Londres
Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Estrasburgo
Bruxelas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAgrupación Ruiz-Mateos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Outro
CónxuxeTeresa Rivero (1958–2015) Editar o valor en Wikidata
PaiZoilo Ruiz-Mateos Camacho Editar o valor en Wikidata
Condenado porfraude Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webruiz-mateos.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1977268 BNE: XX1102110 Editar o valor en Wikidata

José María Ruiz-Mateos y Jiménez de Tejada, Marqués de Olivara, nado en Rota (Cádiz) o 11 de abril de 1931 e finado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 7 de setembro de 2015, foi un empresario español fundador do holding Rumasa e, posteriormente, de Nueva Rumasa. Estivo casado con Teresa Rivero e tivo trece fillos, seis homes e sete mulleres.

Traxectoria

José María Ruiz-Mateos comezou a súa carreira empresarial cando só era un mozo, exportando viño a Inglaterra. Posteriormente fundou o holding Rumasa (230 empresas, 65.000 empregados). Pertenceu por liña materna ao Ilustre Solar de Tejada, corporación nobiliaria máis antiga do Reino de España.

Expropiación de Rumasa

O 23 de febreiro de 1983 Rumasa foi expropiada polo goberno español do PSOE, presidido por Felipe González. O goberno alegou que Rumasa evitou pagos a Facenda durante anos, por un custo de varios millóns de pesetas. Tamén considerou que Rumasa estaba en bancarrota virtual, manténdose exclusivamente do amaño dos libros de contabilidade da empresa.

Ruiz-Mateos estivo en desacordo coa expropiación e demandou xudicialmente ao goberno, solicitando unha indemnización. Foi ao cárcere baixo a acusación de evasión de divisas, fraude e apropiación indebida.

En maio de 1989, Ruiz-Mateos propinou un puñazo na testa ao que fora Ministro de Facenda no intre da expropiación, Miguel Boyer, á saída do Xulgado de Instrución número 7 de Madrid.

Falecemento

Ruiz Mateos foi ingresado o 17 de agosto de 2015 no hospital de El Puerto de Santa María (Cádiz), debido a unha rotura de cadeira producida tras unha caída[1]. Tras ser operado, contraeu unha pneumonía que o fixo empeorar[2]. Finalmente, faleceu o 7 de setembro de 2015 no mesmo centro hospitalario[3][4][5].

Notas