José María Fórneas Besteiro

Modelo:BiografíaJosé María Fórneas Besteiro
Biografía
Nacemento19 de marzo de 1926 Editar o valor en Wikidata
Castroverde, España Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 2003 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Actividade
Ocupaciónfilólogo, arabista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata

BNE: XX967660 BUSC: forneas-besteiro-jose-maria-1916-2003 Dialnet: 138776

José María Fórneas Besteiro, nado en Arcos (Castroverde) o 19 de marzo de 1926 e finado o 11 de setembro de 2003, foi un filólogo galego.

Traxectoria

Licenciado en Filoloxía Semítica (1952) e Filoloxía Románica (1953) pola Universidade Central de Madrid. Foi profesor da Escola de Idiomas do Cairo (1955-1957), catedrático de Lingua Árabe na Escola de Comercio de Cádiz e profesor do Instituto de Ensinanza Media de Ceuta (1963).

Doutorouse en Filoloxía Semítica en 1970 e obtivo a praza de adxunto de Lingua Árabe na Universidade Autónoma de Madrid. En 1974 trasladouse á Universidade de Granada como titular da cátedra de Lingua Árabe e Árabe Vulgar onde permaneceu como profesor emérito.

O obxecto da súa investigación eran a lingüística, a lexicografía, o xénero biográfico árabe e a transmisión da ciencia islámica en Al-Andalus. Foi director da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebráicos de Granada (1982-1989).

Finou o 11 de setembro de 2003, e foi soterrado no cemiterio de Arcos.[1]

Obras

  • Elencos biobibliográficos arabigoandaluces, 1971.

Como editor

Traducións

  • La Ciudad Inicua de Kámil Husain, 1963.
  • Escucha, Rida de Anís Freyha, 1978.

Notas

  1. El Progreso, 13-9-2003, p. 87.

Véxase tamén

Ligazóns externas