José Antonio Martín Pallín

Modelo:BiografíaJosé Antonio Martín Pallín

(2012) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xuño de 1936 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Fiscal
Maxistrado do Tribunal Supremo de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valladolid
Universidade de Deusto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaxistrado (1989–2006), fiscal (–1989) Editar o valor en Wikidata
EmpregadorTribunal Supremo de España Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
25 de febreiro de 2020Manifesto por unha política migratoria e de asilo propia dunha sociedade democrática avanzada Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm3171400 BNE: XX1174456 BUSC: martin-pallin-jose-antonio-1936 Dialnet: 81978 Editar o valor en Wikidata

José Antonio Martín Pallín, nado na Coruña o 13 de xuño de 1936, é un xurista galego que foi fiscal do Tribunal Supremo español.[1]

Traxectoria

Licenciouse en Dereito polas universidades de Deusto e de Valladolid. Entrou na carreira fiscal en 1965, e exerceu o seu labor como fiscal en distintas audiencias ata que en 1986 foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo. Tres anos máis tarde, en 1989 nomeárono maxistrado da sala segunda, do penal e na actualidade é maxistrado emérito desa institución.

Academicamente foi profesor de Dereito Penal e Procesual nas universidades de La Laguna e na Autónoma de Madrid. Tamén foi profesor de dereito civil na Universidade Complutense de Madrid, na Universidade San Pablo CEU e na Autónoma de Madrid.

Ostenta distintos cargos e posicións de honra. Así, é membro da Comisión Internacional de Xuristas (IJC), do Comité de Bioética de España, do Instituto de Estudios Canarios, do Secretariado Internacional de Xuristas pola Amnistía e a Democracia en Paraguai, da Asociación Hispano-Alemá de Xuristas ou da Asociación pro Derechos Humanos de España. Ten participado en diversas misións internacionais en países de Suramérica organizadas por Amnistía Internacional.

Así mesmo foi presidente da Unión Progresista de Fiscais e voceiro de Xuíces para a Democracia.

Obras publicadas

  • Extranjeros y Derecho Penal (2004).
  • La justicia en España (con Jesús Peces Morate, 2008).
  • ¿Para qué servimos los jueces? (2010).[2]
  • El gobierno de las togas (2020).[3]

Notas

  1. Munárriz, Ángel (2017-10-03). "Martín Pallín: "La vía adecuada es la canadiense porque las demás están agotadas"". infoLibre (en castelán). Consultado o 2023-09-12. 
  2. "José Antonio Martín Pallín" (en castelán). Círculo de Bellas Artes de Madrid. 
  3. "Martín Pallín reclama l'amnistia pels presos polítics catalans" (en catalán). Público.es. 21 de novembro de 2020. 

Véxase tamén

Outros artigos