José Torres Creo, nado en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) o 5 de abril de 1874 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1939,[2] foi un compositor e organista galego. Autor de numerosas cancións galegas para orfeón, e publicadas posteriormente en versión de voz e piano, entre as que destaca O sol da primavera, con texto do arcebispo e poeta Manuel Lago González.
En 1891, coincidindo coa morte do seu mestre, chegou a Tui como segundo organista. Ese ano compuxo, para o orfeón que dirixe no seminario de Tui, a peza O sol da primavera, con letra de Manuel Lago, profesor nese intre do mesmo centro.
Marchou en 1892 a Vigo como segundo organista da igrexa de Sta. María (actual concatedral), e dous anos máis tarde obtivo a praza de titular. Exerceu como profesor de piano, pianista de café, director de diversos orfeóns e creou a capela musical Torres Creo, que actuou en numerosas funcións relixiosas en Vigo e a súa contorna, continuando despois da súa morte co seu sucesor Marino Gutiérrez ata finais dos anos 60.
Na década de 1920 foi cando a súa obra foi máis difundida. Publicou varias pezass para piano na litrografía viguesa de Jesús Rial e tamén noutras de Madrid e Barcelona. As súas obras emitíronse en radio, fixéronse gravacións fonográficas (O sol da primavera, San Campio) e tivo un distribuidor para a súa venda na Arxentina.
Faleceu en Vigo en 1939 aos 65 anos de idade.
Obra
Orfeón
O sol da primavera (1891). Publicada para voz e piano en Zozaya en 1897. Letra de Manuel Lago.[3]
Mozo e mozas (1907). Publicada para voz e piano en A. S. Arista (Barcelona) en 1908. Letra de Faustino Ande.[4]
San Campio, Aires d'o Miño (1920). Publicado para voz e piano en lit. Durán (Madrid) en 1930. Letra de Xan d'algures (Manuel Lago).[5]
O Neno Xesús (1928). Publicada para voz e piano en lit. Diez y Carrasco (Madrid) en 1932. Letra de Manuel Lago.[6]
Voz e piano
Fror Nova (1925). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Manuel Lago.
Melodía gallega (1926). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Rosalía de Castro.
Cantares gallegos (Aló nas tardes serenas) (1929). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Rosalía de Castro.
Música relixiosa
Ave María (1904; non conservada)
Salve (1918; non conservada)
Bendita sea tu pureza (1922; non conservada).
Himno popular al Santo Cristo de la Victoria (1922). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Tomás Argüelles.
Motete Salvator mundi, salva nos (1924; non conservada).
Himno para as festas da Virxe do Portal de Ribadavia (1925; non conservada). Letra de Emilio Canda Adán.
Himno da parroquia de Rianxo (1926). Litografía Jesús Rial (Vigo). Letra de Magdalena Cabanas.
Motete ao Smo a dúas voces. (Noctis recolitur cœna novissima) para tenor e baixo e órgano (1936). Manuscrito conservado no Seminario Maior de Santiago de Compostela.
A Virxe do Rosario para tres voces brancas. Manuscrito conservado no Arquivo Diocesano de Tui. Letra de Manuel Lago.
Zarzuela
Triple alianza (1912; non conservada)
El hada del castillo (1912; non conservada)
La felicidad (1912; non conservada)
El hada de los bosques (1913; non conservada)
Banda
Musiquerías, (1913; non conservada)
Notas
↑"Festival benéfico en el "Tamberlick". La parte lírica". Vida Gallega (3): p. 10. 20 de xaneiro de 1909.
↑"Necrológicas". El Pueblo Gallego: p. 3. 1 de novembro de 1939.
Filgueira Valverde, José (1942). "Apéndice A á bibliografía do Cancionero musical de Galicia de Casto Sampedro y Folgar". Relación de composiciones musicales e impresiones fonográficas (1877-1942). Museo de Pontevedra. p. 69.
Varela de Vega, Juan Bautista (2002). "Torres Creo, José". En Emilio Casares Rodicio. Diccionario de la Música Española e HispanoamericanaX. Madrid: Fundación Autor - SGAE. pp. 406–407.