Emilio Canda Adán, nado na Lama e finado en Ribadavia en abril de 1938, foi un xornalista, escritor e empresario galego.
Traxectoria
Estudou nos Seminarios de Tui e Ourense. Foi fundador e director do Colexio Balmes de Vigo e despois creou outros en Fornelos de Montes e Ribadavia (1907). Como xornalista formou parte da redacción de El Criterio Gallego e El Independiente e colaborou en La Revista Popular e El Áncora de Pontevedra, La Integridad, El Lucense, Diario de Galicia e Aires d'a miña terra de Buenos Aires. Instalado en Ribadavia fundou e dirixiu Noticiero del Avia entre 1910 e 1937, onde, segundo Carballo Calero, asinaba unha sección de contido satírico titulada "Paliques". Finou en Ribadavia en abril de 1938.[1]
Obras
Publicou en castelán as novelas Argentina (1895) e Luz y sombra (Cuentos y novelitas) (1901). En galego é autor de dous relatos que apareceron na Revista Gallega: "¡Olla...!" (1888) e "O señor Pedro" (1898).
Vida persoal
Casou en Ribadavia con Sofía Pérez en 1898 e foi pai de Emilio e Mario Canda Pérez.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. p. 156. ISBN 978-84-8457-448-4.