San Salvador da Lama é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 649 habitantes (341 homes e 308 mulleres), cinco máis ca en 2004. Ten 22 entidades de poboación.
O orónimo provén do latín lama, e indica un lugar con lama ou lodo.[3]
Arcos | Brexiña | Calcaterra | Casalitoi | A Cavada | Cima de Vila | Cortegoso | A Costa | O Cotiño | A Fonte | Fontecova | A Ladeira | A Lama | A Mouta | Nante | A Pedreira | A Portela | Racelo | O Rial | A Santa Ana | Sucastro | A Torta | O Toural
Antas (Santiago) | A Barcia do Seixo (Santa Ana) | Covelo (San Sebastián) | Escuadra (San Lourenzo) | Gaxate (San Pedro) | A Lama (San Salvador) | Seixido (San Bartolomeu) | Verducido (San Martiño) | Xende (San Paulo) | Xesta (San Bartolomeu)