José María Maguregui

Modelo:BiografíaJosé María Maguregui
Biografía
Nacemento16 de marzo de 1934 Editar o valor en Wikidata
Ugao-Miraballes, España Editar o valor en Wikidata
Morte30 de decembro de 2013 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Bilbao, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1950–1951 Club Deportivo Laudio
1951–1952 Arenas Club de Getxo
1952–1952 cesión CD Getxo
1952–1961   Athletic Club 198(36)
1961–1963   Sevilla FC 19(0)
1963–1964   RCD Espanyol 14(3)
1964–1965   Recreativo de Huelva 8(3)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1952–1952   España sub-18 2(0)
1955–1955   España B
1955–1957   España 7(1)

FIFA: 53412 Editar o valor en Wikidata

José María Maguregui, nado en Ugao-Miraballes (Biscaia) o 16 de xuño de 1934 e finado en Bilbao o 30 de decembro de 2013, foi un futbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española.

Traxectoria

Como futbolista

A maior parte da súa carreira como deportista transcorreu no Athletic de Bilbao, onde formou parella no centro do campo con Mauri. Con este equipo gañaría unha Liga e tres Copas na década de 1950, marcando o gol do triunfo nunha das finais polo campionato "copero". Nesa década tamén foi sete veces internacional.

Como adestrador

Na súa faceta como técnico nos anos setenta e oitenta, Maguregui foi o máximo expoñente do fútbol conservador e de reborde de poderío físico na súa época.

Comezou adestrando un ano ao Miravalles C.D., pasando despois ao Sestao Sport. O seu bo papel no Sestao fixo que fichara polo Racing de Santander, en Segunda División, no ano 1972. Nos seus cinco anos neste equipo conseguiu dous ascensos a Primeira División deixando ao equipo asentado na máxima categoría.

No ano 1977 ficha polo Celta de Vigo trala dimisión do anterior adestrador, Toni Cuervo. Co equipo celeste consegue reconducir o mal inicio de tempada e o ascenso a Primeira División, pero problemas co contrato fan que non poida dirixir ao equipo nesa categoría.

De Vigo marchou ao AD Almería, co que conseguiu outro ascenso, o primeiro da historia do club almeriense, e para completar esa boa labor na primeira tempada na máxima categoría leva ao equipo á novena praza. Estes excepcionais dous anos fan que o fiche o RCD Espanyol, onde permanecería tres anos antes de volver a Santander para devolver ao Racing a Primeira División na tempada 1983-84. Nas diferentes etapas dirixiría ao Racing de Santander un total de nove tempadas, sendo o adestrador con máis encontros disputados do club.

Na tempada 1987-88 volve ao Celta, acabado de ascender a Primeira, pero non remataría o curso xa que ficharía polo Atlético de Madrid tras un moi bo inicio de tempada do club da cidade olívica.

Porén despois de adestrar ao Real Murcia volvería a Vigo a finais da tempada seguinte, a 1989-90, para tentar evitar o descenso, obxectivo que non lograría. Xa en Segunda División pronto sería destituído por Txetxu Rojo ante os malos resultados.