O Arenas Club de Getxo (en éuscaro: Getxoko Arenas) é un club de fútbol vasco, da cidade de Getxo en Biscaia. Foi fundado en 1909 e xoga no Grupo 2 da Segunda División B.
Foi un dos equipos máis importantes do fútbol español durante o primeiro terzo do século XX cando gañou 1 Copa do Rei en 1919 e 3 subcampionatos en 1917, 1925 e 1927. Ademais, xogou 7 tempadas consecutivas en Primeira División.
Historia
As primeiras manifestacións de fútbol na cidade datan do 1901, pero non foi ata o 1909 cando se fundou o Arenas Football Club. O ano 1912 pasou a denominarse Arenas Club e o 1917 adoptou a denominación definitiva de Arenas Club de Getxo.
O club destacou principalmente ao primeiro terzo de século XX. Estableceu unha forte rivalidade coa Athletic Club de Bilbao. Non foi ata o 1917 que conseguiu vencer no Campionato Norte vencendo o resto de equipos vascos. Este mesmo ano foi finalista da Copa de España pero foi derrotado polo Madrid na final disputada en Barcelona. Dous anos máis tarde gañou o campionato de Biscaia e proclamouse campión de Copa ao vencer ó Barça na final o 18 de maio de 1919 ao estadio Martínez Campos de Madrid cun marcador final de 5-2. A aliñación do equipo foi Jáuregui; Vallana, Careaga; Uriarte, Arruza, José María Peña; Ibaibarriaga, Pagaza, Sesúmaga, Barturen e Florencio Peña. O club aínda foi dous veces máis finalista de Copa os anos 1925 e 1927.
O ano 1928 o Arenas foi un dos 10 equipos seleccionados para disputar a primeira liga española, na que rematou quinto. A seguinte tempada, a 1929-30, rematou terceiro, a súa mellor clasificación. Aqueles anos o fútbol empezou a profesionalizarse e o Arenas empezou a perder importancia. Rematou 10º e último a tempada 1933-34, pero a ampliación da categoría a 12 equipos salvárono do descenso. A seguinte campaña rematou 12º e perdeu a categoría, que nunca máis volveu recuperar. En total xogou 7 tempadas na Primeira División. O seu último grande éxito foi a vitoria na Copa Vasca da tempada 1935-36.
O ano 1944 baixou a Terceira División. Só volveu subir a Segunda B na tempada 1979-80.
Datos do club
Historial na liga
Tempada
|
Categoría
|
Posto
|
1951/52
|
3ª
|
16º
|
1952/53
|
3ª
|
10º
|
1953/54
|
3ª
|
3º
|
1954/55
|
3ª
|
9º
|
1955/56
|
3ª
|
4º
|
1956/57
|
3ª
|
4º
|
1957/58
|
3ª
|
4º
|
1958/59
|
3ª
|
7º
|
1959/60
|
3ª
|
1º
|
1960/61
|
3ª
|
3º
|
1961/62
|
3ª
|
3º
|
1962/63
|
3ª
|
2º
|
1963/64
|
3ª
|
3º
|
1964/65
|
3ª
|
5º
|
1965/66
|
3ª
|
9º
|
1966/67
|
3ª
|
6º
|
1967/68
|
3ª
|
7º
|
1968/69
|
3ª
|
15º
|
1969/70
|
3ª
|
15º
|
de 70-71
|
Rexional
|
—
|
Tempada
|
Categoría
|
Posto
|
a 75-76
|
Rexional
|
—
|
1976/77
|
3ª
|
13º
|
1977/78
|
3ª
|
13º
|
1978/79
|
3ª
|
2º
|
1979/80
|
2ªB
|
18º
|
1980/81
|
3ª
|
2º
|
1981/82
|
3ª
|
18º
|
1982/83
|
Rexional
|
—
|
1983/84
|
3ª
|
6º
|
1984/85
|
3ª
|
11º
|
1985/86
|
3ª
|
13º
|
1986/87
|
3ª
|
12º
|
1987/88
|
3ª
|
13º
|
1988/89
|
3ª
|
14º
|
1989/90
|
3ª
|
17º
|
1990/91
|
3ª
|
10º
|
1991/92
|
3ª
|
8º
|
1992/93
|
3ª
|
8º
|
1993/94
|
3ª
|
6º
|
1994/95
|
3ª
|
19º
|
Tempada
|
Categoría
|
Posto
|
1995/96
|
Rexional
|
—
|
1996/97
|
Rexional
|
—
|
1997/98
|
3ª
|
13º
|
1998/99
|
3ª
|
8º
|
1999/00
|
3ª
|
3º
|
2000/01
|
3ª
|
7º
|
2001/02
|
3ª
|
9º
|
2002/03
|
3ª
|
10º
|
2003/04
|
3ª
|
10º
|
2004/05
|
3ª
|
7º
|
2005/06
|
3ª
|
5º
|
2006/07
|
3ª
|
11º
|
2007/08
|
3ª
|
12º
|
2008/09
|
3ª
|
12º
|
2009/10
|
3ª
|
15º
|
2010/11
|
3ª
|
7º
|
2011/12
|
3ª
|
14º
|
2012/13
|
3ª
|
2º
|
Xogadores destacados
Adestradores destacados
Palmarés
Torneos nacionais
Torneos rexionais
Véxase tamén
Ligazóns externas