José Luís Fontenla Rodrigues

Modelo:BiografíaJosé Luís Fontenla Rodrigues
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiXosé Luís Fontenla Méndez Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1092432 BUSC: fontenla-rodrigues-jose-luis-1944 Dialnet: 1684315

José Luís Fontenla Rodrigues, nado en Pontevedra o 9 de febreiro de 1944, é un avogado, político, escritor e pintor galego.

Traxectoria

Fillo de Xosé Luís Fontenla Méndez. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Pertenceu ao comité executivo do Partido Galego Social Demócrata e contribuíu á constitución do Consello de Forzas Políticas Galegas, que defende a ruptura democrática e a instauración dun estado confederal. Participou na fundación da editorial SEPT, A Nosa Terra, e a Asociación Cultural O Galo de Santiago de Compostela, da que foi presidente. Preside a Associação Amizade Galiza-Portugal, a Associação Cultural Lusófona Irmandades da Fala da Galiza e Portugal e a Comissão Galega do Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa. Fundador e director das revistas da lusofonía Nós, Cadernos do Povo, Temas do Ensino de Lingüística, sociolingüística e literatura, encabezou as delegacións de Galicia nos Encontros de Unificação Ortográfica da Língua Portuguesa en Río de Xaneiro (1986) e en Lisboa (1990). Forma parte do equipo investigador do Centro de Estudos Luso-Brasileiros (CELB) da Universidade de San Petersburgo.

Obras

Como poeta publicou, co seu nome, Poemas de Paris e outros poemas (1985), e, baixo o pseudónimo de João Padrão, que emprega desde 1989, dúas antoloxías poéticas, Sememas (1990) e Tempo e Terra (1992), e as pezas teatrais Itaca, outras pezas e O “hic et nunc” de Mr. Pickwick. O tempo da pedra.