José Antonio López Jaspe,[1] coñecido como Marinero e Antoñito, nado en Bergondo cara a 1923 e finado na Coruña o 31 de outubro de 1947, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
Sendo soldado do Batallón do Cuartel do Ministerio de Mariña en Madrid aproveitou un permiso no seu concello en 1947 para desertar do Exército e integrarse na guerrilla.[2] Foi o responsable dun dos grupos do Destacamento Eive-Carbón da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia comandada por Manuel Ponte Pedreira. Morreu na Coruña o 31 de outubro de 1947 nun enfrontamento coa Policía Armada.[3]
Notas
- ↑ Nalgunhas fontes confúndese con Antonio López Arias
- ↑ "Requisitorias", Diario Oficial del Ministerio de Marina, 27-11-1948, p. 3.
- ↑ La Voz de Galicia, 31-10-1997, p. 2
Véxase tamén
Bibliografía
|
---|
Guerrilleiros antifranquistas | |
---|
|