Jorge Luis Bueno Alonso, nado en Oviedo o 24 de abril de 1972, é un escritor e tradutor galego.
Traxectoria
Licenciado en Filoloxía Inglesa na Universidade de Oviedo, comezou traballando nela ata mudarse a Vigo. É profesor de Inglés medio e Inglés antigo na Universidade de Vigo, e a súa especialidade é a literatura inglesa medieval e do Renacemento.
Obra
- El discurso poético elegíaco del Inglés Antiguo (2001)
- La épica de la Inglaterra anglosajona: Historia y textos del auge de Mercia al declive de la monarquía (750-1016) (2007)
- Judith: texto, estudio y tradución (2012)
- Literatura Inglesa Medieval y Renacentista: Guía temática y bibliográfica (2005)
Traducións
- Beowulf (2010), Premio AEDEAN á mellor tradución dende o inglés.
- Sir Gawain e o cabaleiro verde (2013), Premio AEDEAN á mellor tradución dende o inglés.