Jon Garaño, nado o 18 de novembro de 1974 en Ergobia, barrio de Astigarraga, Guipúscoa, é un director de cine, guionista e produtor vasco.[1]
Traxectoria
Estudou Xornalismo e Publicidade na Universidade do País Vasco e Cine na aula de Cine Sarobe de Urnieta. Dirixiu varias curtametraxes en vídeo e tamén desempeñou diferentes funcións en diversas producións. En 2001 fundou, xunto con outros compañeiros, a produtora Moriarti, na que traballou como director e guionista en numerosos proxectos audiovisuais.[2]
Filmografía
Cinema
Curtametraxes
- Despedida, 2001
- Miramar Street, 2006
- FGM (curta documental), 2008
- Asämara, 2009
- El método Julio, 2010
- Urrezko Eraztuna, 2011
- Renovable, 2016
Notas