John Alberto Guidetti, nado o 15 de abril de 1992 en Estocolmo, é un futbolita sueco que xoga na demarcación de dianteiro, e que actualmente xoga no Hannover 96 da 2. Bundesliga, cedido polo Deportivo Alavés.
Traxectoria
Formado na canteira do e en diversos equipos de Kenya, onde seu pai foi profesor entre 2002 e 2006, fichou polo Manchester City FC no ano 2008. Porén non tivo moito peso no equipo a causa da súa curta idade, polo que saíu en sucesivas cesións, sempre mantendo un bo nivel goleador. En xullo de 2015 fichou polo Celta de Vigo despois de rescindir o seu contrato co Manchester City[1].
O 17 de xaneiro de 2020 anunciouse a súa cesión ata final de tempada ó Hannover 96 da 2. Bundesliga.[2]
Palmarés
- Celtic FC
- Copa da Liga de Escocia: 2015
- Liga de Escocia: 2015
Notas